31 oct. 2014

Proposta de traballo por Santos e Defuntos: lectura e escritura creativas.

En 1º da ESO decidimos traballar o Samaín ou Santos e Defuntos como lle chamamos este ano co "ollo de vidro" de Castelao. Despois de ler o relato  Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, creamos as nosas historias, algunhas das cales deixamos aquí no documento Issuu. Que as gocedes!

DOCUMENTO COMPARTIDO

Castelao: Un ollo de vidro (Texto en PDF)

27 oct. 2014

Chegou o Samaín.

Remata outubro e chega o momento e celebrar o Samaín. Para os nenos de infantil, os máis peques do cole, son uns días máxicos. O cole énchese de un montón de teas de araña, monstros e demáis personaxes do mundo do medo. Con este xogo os nosos peques poderán aprender vocabulario relacionado co Samaín.

19 jun. 2014

As nosas palabras favoritas do curso

Remata o curso, e chega o momento de facer balance de todo o que aprendimos na nosa lingua. Durante este ano aprendemos un montón de palabras en galego falando, lendo e vendo contos,e xogando polos recantos.Por iso ocorríusenos facer de forma colaborativa entre todos os nenos e nenas co Book Creator un ibook coas palabras aprendidas durante este curso. Cada un escolleu unha palabra, elexíu a cor das páxinas e das letras, coa axuda do mestre buscou unha imaxe en internet ou fixo unha foto, tecleou a palabra, a escribíu en maiúscula e minúscula, e por último, grabou como se diría.

22 may. 2014

Xosé María Díaz Castro en nubes de palabras.

Despois de levar varios días coñecendo a vida e obra de Xosé Manuel Díaz Castro, os nenos de 1º de primaria fixeron entre todos unha lista con todas as palabras que lles pareceron máis significativas para eles. Un a un as foron escribindo no IPAD, na app Visual Poetry, escollimos o modelo, a cor do fondo e a cor das letras e este foi o resultado final.




21 may. 2014

No niño novo do vento

Non é un vídeo de agora, que xa ten algúns anos. Pero a piques de rematar o curso, sabemos que moitos deixarán o niño de primaria para voar lonxe. Esa é a historia que contamos nestas imaxes, de cando uns nenos e nenas marcharon para seguir o seu camiño. Aínda me emociona un pouco, talvez por Álvaro Cunqueiro e Luis Emilio Batallán

20 may. 2014

Xosé María Díaz Castro e a súa poesía.

Xosé María Díaz Castro destacou, entre outras cousas, por escribir poesía, e no noso centro ocurriúsenos traballalas dándolle un toque de modernidade. Entre todos escollimos dous poemas, fixemos prácticas de recitado, atendendo a entoación, pausas e ritmo e despóis grabámolas cunha app do Ipad (o autorap) que convertiunas en rap!! Aquí temos dúas mostras.



Tanto lles gustou como quedou o rap, que non puideron resistir facer a súa propia versión.


Por outra banda, @s @lumnos de infantil tamén traballaron a poesía do homenaxeado deste ano. Cada un foi o encargado de ler un verso, e co esforzo de todos e todas, fixemos dous poemas preciosos: Encontros e Poema esmeralda.



POEMAS-PEDRA PARA AS LETRAS GALEGAS.

En 1º de ESO traballamos o texto poético por grupos e decidimos pasar o noso poema, que comentamos, a unha pedra (tamén valían cunchas,...) e expoñelos o Día das Letras Galegas. Este traballo forma parte dun proxecto  máis amplo, pero hoxe decidimos presentarvos os nosos poemas;  Esperamos que vos gusten.



Poemas de Nimbos.


18 may. 2014

Os homenaxeados len os nosos poemas.

Sempre que chega a data das letras galegas, os nenos e nenas len relatos, contos ou poemas d@ homenaxead@, pero no C.E.I.P Balaídos tivemos unha idea, que sexan os propios homenaxeados os que lean poesías que fixeron @s nos@s alumn@s. Así que coa app Funny Maker do IPAD fixemos que personalidades das letras galegas volveran recitar versos, aínda que por esta vez, non era eles os autores.

Teatro negro "Xogamos limpo".

Como todos os anos, o teatro negro da o pistoletazo de saída as actividades conmemorativa das letras galegas, adicadas a Xosé María Díaz Castro, no CEIP Balaídos. Os alumnos de 6º traballaron moi duro nas clases de música para preparar este espectáculo tan incrible. A obra chámase "Xogamos limpo", e trata sobre eses problemiñas que xorden no recreo cando xogamos ao fútbol. O guión da obra foi creada coa axuda dunha mestra de primaria, Ruth Bermúdez do CEIP Carrasqueira, Rafa, coordinador de normalización, o conxerxe, que axudou coa escenografía para que non entrara ningunha soa raiola de luz, e o resto do equipo docente. Foi un gran traballo do centro, e aquí tedes resultado.

17 may. 2014

Terra sucada

O poema Terra sucada de Xosé María Díaz Castro está no seu único libro: Nimbos. Gravamos a lectura desa poesía mediante unha aplicación chamada Tellagami. Con ela podes contar pequenas historias a través de sinxelos vídeos animados…

13 may. 2014

HOMENAXE Á NOSA LINGUA

A NOSA HOMENAXE AOS HOMENAXEADOS

Rematamos a nosa pequena, pero sentida, homenaxe a todos eses autores que ao longo destes anos se lles foi adicando o DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Eses autores que seguiron defendendo, falando e escribindo na nosa lingua, na lingua dos nosos antergos.

Ao final fixemos REALIDADE AUMENTADA, CÓDIGOS QR, CARICATURAS, VÍDEOS E SON.

Usamos tamén varias apps como: AURASMA, DEFORME, SOUNDCLOUD e MORFO BOOTH.

E temos varios taboleiros en Pinterest, un GoogleMaps e un Sites en Google.











5 may. 2014

XOGAMOS CON XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO?

Xogo para repasar a biografía de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas:

5 feb. 2014

Conto con origami



Esta é unha proposta de videoconto utilizando o origami e o vídeo como recursos.

3 feb. 2014

ACHEGÁMONOS A DÍAZ CASTRO.


Make your own mind maps with Mindomo.