14 oct. 2012

Poema de Valentín Paz Andrade

Andrés, alumno de 2º A do CEIP Nosa Señora dos Remedios,
 recitounos o poema Cen chaves de ouro de Valentín Paz Andrade 
para celebrar o día das letras galegas.



24 jun. 2012

Coñecemos a Paz Andrade

Os nenos e nenas de 1º de primaria representan un aula moi coñecedora do Día das Letras Galegas.

23 jun. 2012

Poema en galego

Versión dun poema de Fran Alonso recitado polo alumnado de 1º de Primaria

Xuizo ao lobo

O alumnado de 2ºA representan esta historia na que aparecen os personaxes dos contos populares.
Todos eles acusan ao lobo de terlles feito algún dano.
Cómo se declarará o culpable?

22 jun. 2012

Poema de Valentín Paz Andrade

Valentín Paz Andrade é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2012.
Os nenos e nenas de 2ºB recitan uns versos seus.

Instrucións para ser poeta

Versión dun poema do libro "O meu gato poeta" de Fran Alonso realizada polo alumnado de 3ºA

27 may. 2012

TRABALLO SOBRE MARISA NUÑEZ

Os nenos e nenas de 2ºA e 2ºB do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra) fixemos investigacións sobre a autora MARISA NUÑEZ.
Ela naceu no ano 1961 en Sarria (Lugo) e traballa como mestra en Hío (Cangas) como mestra de Educación Infantil. Ademais diso e escritora e escribiu distintos libros para nenos.  Aquí tedes unha fotografía dela.


Para comenzar propuxemos a lectura do libro A CEBRA CAMILA


E aquí vos deixamos un LIM preparado pola mestra Ana Martínez Rey que presenta o conto e actividades relacionadas con el e que atopamos no blog Contos para ver e ler.





E aquí temos tamén un video deste conto.


E estes  son outros contos dela:


          CONTO                                       

Por este conto recibiu o Primeiro Premio Internacional do Libro Infantil da funcación "Espace Enfants" de Suíza.              

                                                

E a continuación querémosvos mostrar o resultado do noso traballo.


Aquí tamén vos queda a entrevista que lle fixemos a través do correo electrónico:
E por último presentámosvos aquí o que fixemos para que se publique na revista do colexio:


Foi un traballo moi entretido e ao mesmo tempo coñecemos a esta autora galega.

21 may. 2012

BLOGUE DE LOITO



CONTRA OS RECORTES EN EDUCACIÓN
ESTRE BLOGUE ESTIVO DE NEGRO NO DÍA 22 DE MAIO DE 2012
PERO SEGUE DE LOITO

15 may. 2012

ACTIVIDADE PARA TRABALLAR CON PAZ ANDRADE

Actividade NoteBook elaborada polo equipo de E. Infantil do Grupo de Traballo O EDI NA AULA do CEIP P. Infante Felipe de Borbón.
Para traballar con ela só temos que premer na imaxe e agardar á descarga.



3 may. 2012

As nosas letras. Proxecto 2012

Xa estamos en maio, o mes das nosas letras.
Comeza a andaina do proxecto relacionado co Día das Letras Galegas. Un proxecto da escola e para a escola que reune distintas formas de demostrar o noso aprezo pola cultura galega e actividades relacionadas coa celebración do Día das Letras Galegas.


Lembramos que os obxectivos do proxecto son:

  1. Potenciar o gusto pola cultura en especial atención á de Galicia.
  2. Coñecer a homes e mulleres que realizaron aportacións importantes á cultura e á sociedade galega.
  3. Fomentar o espíritu colaborativo
  4. Animar ao noso alumnado a expresarse mediante distintos xeitos.
Se eres docente de infantil, primaria ou secundaria e queres participar co teu grupo de alumnos/as só terás que compartir con nós unha actividade (ben sexa baile, canción, representación teatral, recitación dun poema, representación dun conto, lectura dunha historia ou biografía dun escritor/a) que se poda representar coas letras galegas de fondo.

A novidade con respecto ao ano pasado é que cada mestre/a participante recibirá unha notificación de autoría para editar no blogue as súas propias entradas con total liberdade.

Le as bases e contacta con nós para participar ou consultar calquera cousa.

asnosasletras@gmail.com

Agardámoste.

Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade

 Nesta páxina podemos atopar todo o relacionado co homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.