Aquí compartimos actividades feitas na escola e para a escola que serven para
celebrar o Día das Letras Galegas
Participa!
+info: asnosasletras@gmail.com
O alumnado de 5º de E.Infantil e de 4º de E. Primaria do CEIP García Barbón, colaboraron activamente para poder crear esta curta de animación coa app Stop Motion.
Para celebrar o día de Rosalía de Castro os alumnos e alumnas de 6º de educación infantil do CEIP Balaídos de Vigo emprestáronlle a súa voz a grande escritora galega, para que nos recitase un dos seus poemas máis coñecidos.
Este libriño de Manuel María foi elaborado polos nenos e nenas de 5 anos. Se les os códigos Qr que aparecen no libro, podedes ver a Manuel María e aos nenos e nenas recitando e cantando.
Co obxectivo de coñecer e disfrutar dos poemas de Manuel María, propúxose no centro enriquecer os poemas que aparecen no libro Canta o Cuco con Aurasma. Para conseguilo cada clase realizou a lectura compartida dun dos poemas. Participaron dende os alumnos e alumnas de 3 anos hasta os alumnos e alumnas de 3º ciclo. Unha vez feitos enquecidos todos os poemas, o libro (xunto cunha tablet) empezou a viaxar polas clases para que todos puiederan ver o resultado final, e para que os pequenos de infantil puideran disfrutar dos poemas sen a necesidade de saber ler.
En 3º da ESO algúns alumnos fixeron vídeos con poemas de Manuel María. Primeiro gravaron en audio o texto e despois montaron as imaxes e a música en Movie Maker. Velaquí algúns deles.